Novas

14-05-2019

O Grupo REDE participa no terceiro Foro internacional sobre Planificación Marítima Espacial (MSP) organizado pola UNESCO e a Comisión Europea

Pol Fontanet, xestor de innovación no Grupo REDE (pertencente á agrupación estratéxica ECOBAS), presenta o proxecto "MarRISK: Mellora da adaptación da costa de Galicia-Norte Portugal ao cambio climático" a expertos internacionais da UNESCO na súa visita á Universidade de Vigo. Esta visita foi organizada polo Campus do Mar no marco do terceiro Foro internacional sobre Planificación Marítima Espacial (MSP) organizado pola DG Mare da Comisión Europea e a Comisión Oceanográfica Intergubernamental da UNESCO.