Novas

21-10-2020

REDE participa no Evento Internacional Transfronteirizo de peche do proxecto MarRISK

Os días 19 e 20 de outubro, na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, tivo lugar o Evento Internacional Transfronteirizo de peche do proxecto MarRISK. En dito evento contouse coa participación dos distintos socios do proxecto, entre os que se encontra o grupo de investigación REDE, así como de stakeholders e observatorios oceánicos.

Na primeira xornada,  contouse coa intervención de representantes de distintos observatorios oceanográfico costeiros de España e Portugal (RAIA, SOCIB, Ocaso, Plocan, Euskoos e Madeira). Estes observatorios, que se encontran en distintas fases de desenvolvemento, puideron intercambiar experiencias e reflexionar sobre os seus futuros desafíos e oportunidades.

A segunda, e última xornada, centrouse na presentación dos principais resultados de MarRISK. Este proxecto, enmarcado na convocatoria de Cooperación Transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal (POCTEP-INTERREG), pretende asegurar un crecemento intelixente e sostible das zonas litorais de Galicia e Norte de Portugal mediante a avaliación dos riscos costeiros máis importantes e a mellora da resiliencia nun escenario de cambio climático.

Neste contexto, Carlos Rodríguez, responsable da Unidade de Transferencia e Apoio á Investigación de REDE, expuxo os traballos realizados polo grupo de investigación, coa inestimable colaboración da Autoridade Portuaria de A Coruña, no marco da actividade 3 deste proxecto, consistentes no desenvolvemento dunha ferramenta para a mellora da adaptación ao cambio climático do Porto Exterior de A Coruña. Esta ferramenta, con potencial de ser extrapolada a outros portos, permite identificar a marxe de mellora, en termos de adaptación, e focalizar os esforzos para a mellora da resiliencia do porto nun contexto de Cambio Climático.

Seguidamente, tivo lugar a intervención de Andrés Guerra, xefe do Departamento de Sostibilidade da Autoridade Portuaria de A Coruña. Na súa presentación, destacou a utilidade de dita ferramenta, así como as medidas implantadas trala súa aplicación con resultados positivos na mellora da capacidade de adaptación.

Configuración de cookies

Este sitio web utiliza cookies para mejorar la experiencia mientras se navega por el sitio web. Las cookies que se clasifican como necesarias se almacenan en el navegador ya que son esenciales para el funcionamiento básico del sitio web. También utilizamos cookies de terceros que nos ayudan a analizar y comprender cómo utilizas este sitio web; estas cookies se almacenarán en tu navegador sólo con tu consentimiento. También tienes la opción de no permitir estas cookies, sin embargo, la exclusión de algunas de estas cookies puede afectar a tu experiencia de navegación.

Cookies necesarias


Estas cookies son estrictamente necesarias para el funcionamiento de la página, las puedes desactivar cambiando la configuración de tu navegador pero no podrás usar la página con normalidad.

cb-enabled
cookieControl

Instrucciones sobre cómo eliminar las cookies y más información en nuestra política de cookies.