18-09-2017
Primeira xornada de reunións da iniciativa "Por unha alianza no sector industrial galego"
O Consello Económico e Social de Galicia (CES) celebrou hoxe a primeira das tres xornadas de reunión enmarcadas dentro da iniciativa "Por unha alianza no sector industrial galego". A presentación correu a cargo da Presidenta do CES, Corina Porro, e contou coa presenza de Teresa Pedrosa, Delegada do Estado no Consorcio da Zona Franca.
As reunións estiveron moderadas por Xose H. Vázquez, Catedrático da Universidade de Vigo, e asistiron máis de corenta actores de diferentes organizacións, quedando representados sindicatos, empresas e universidade.
Ao longo da xornada, debatíronse dous das cinco temáticas obxeto de estudo, "Regulación das condicións marco" e "Factores territoriais de competitividade", co fin de desenrolar propostas de actuación compartidas que irán dirixidas a impulsar a productividade y competitividade do sector industrial galego. Ditas propostas quedarán reflectidas no entregable final da iniciativa, e do que xa se avanzou unha primera parte de carácter descritivo.