14-06-2018
REDE, CETMAR e MeteoGalicia reúnense coa Autoridade Portuaria da Coruña para explicar os traballos do proxecto MarRISK en relación ao Porto Exterior de Punta Langosteira
Un equipo de técnicos
de grupo REDE, da Fundación CETMAR e de MeteoGalicia reunironse cos
representantes de diferentes departamentos da Autoridade Portuaria da Coruña
para explicar os traballos previstos no proxecto
MarRISK (INTERREG-POCTEP) en
relación ao porto exterior de Punta Langosteira.
Grupo REDE presentou os avances na súa tarefa destinada a desenvolver unha
ferramenta de análise da resiliencia portuaria fronte ao cambio climático.
CETMAR presentou a metodoloxía que facilitará o diálogo para desenvolver e
canalizar os resultados relacionados co porto exterior cara a Autoridade e
aos operadores portuarios. Pola súa parte, os representantes de MeteoGalicia,
coordinadores do proxecto, presentaron os primeiros avances no desenvolvemento
dos modelos de prediccións específicas sobre a afectación do cambio climático
nesta área. Nesta tarefa, MeteoGalicia colabora estreitamente co grupo
Ephyslab (Universidade de Vigo). Na reunión estivo tamén presente un
representante do Grupo GEAMA, da Universidade da Coruña, que asesora
asiduamente á Autoridade Portuaria e ten tamén prevista a colaboración cos
grupos en MarRisk.
Tralo encontro, os técnicos se desprazaron a visitar as instalacións in
situ, guiados polo representante da Universidade da Coruña.