13-05-2019
O Grupo REDE presenta os resultados obtidos dentro do proxecto MarRISK na Autoridade Portuaria de A Coruña
O Grupo REDE, xunto con CETMAR e GEAMA (Universidade da Coruña), convocou a stakeholders do Porto Exterior de A Coruña, así como a expertas e expertos en cambio climático y puertos, a unha reunión que tivo lugar na Autoridade Portuaria de A Coruña. Durante a xornada presentáronse os resultados do proxecto "MarRISK: Mellora da adaptación da costa de Galicia-Norte Portugal ao cambio climático". Máis concretamente, Carlos Rodríguez (responsable da Unidade de Transferencia do grupo REDE), presentou a metodoloxía e primeiros resultados da actividade 3 deste proxecto na que, coa colaboración da Autoridade Portuaria, desenvolverase un modelo que permita evaluar e mellorar a resiliencia do Porto de Punta Langosteira frente aos posibles efectos adversos derivados do cambio climático.
Coas aportacións dos asistentes e o traballo realizado hasta a data elaboraranse unha serie de propostas de mellora que, xunto co modelo de resiliencia, expondrase nunha última reunión o próximo mes de xuño.