27-05-2019
O Grupo REDE participa nos “Community Days” da EFFRA en Bruxelas
Pol Fontanet, en representación de REDE, participou nos "Community Days" organizados pola European Factories of the Future Research Association (EFFRA) os días 22 e 23 de maio en Bruselas. O evento contou coa participación de máis de 200 representantes de universidades, centros tecnolóxicos e empresas. O obxectivo
do encontro era dobre, por unha banda, a presentación dos novos topics do
programa H2020 no ámbito de Factories of the Future. Doutra banda,
presentáronse os resultados dos proxectos financiados en convocatorias
anteriores. A participación no evento permite coñecer de preto o traballo que
se está levando a cabo no sector da industria 4.0 e as fábricas do futuro, así
como tamén supón unha oportunidade para promover colaboracións para novas
iniciativas e ideas de proxecto.