29-07-2019
Grupo REDE inicia os proxectos piloto de Mellora Continua en procesos asistenciais en hospitais da eurorrexión
No eido
do proxecto CÓDIGO MÁIS, pertencente ao Programa de Cooperación Transfronteiriza
INTERREG VA España-Portugal (POCTEP) 2014-2020, grupo REDE iniciou as accións
dirixidas a impulsar a mellora da calidade e eficiencia na prestación de servizos
sanitarios. Para elo, levouse a cabo un taller de mellora,
desenvolvido en tres sesións durante os días 22, 24 e 29 de Xullo. Nel
participou un grupo de 12 profesionais do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo composto
por persoal médico, de enfermería e celadores/as do servizo de Urxencias, así
coma membros do departamento de calidade da EOXI Vigo.
Trala realización dunha formación on-line previa, ao longo destas tres xornadas o
grupo de traballo consolidou os conceptos fundamentais da filosofía Lean para a
innovación en procesos sobre a base da Mellora Continua. Durante as sesións se
levaron a cabo traballos de campo para a optimización de procesos
reducindo a fragmentación mediante a innovación organizativa. A actividade
completarase realizando, antes de final de ano, un proxecto piloto que nos
permita executar os cambios organizativos necesarios para mellorar a súa
eficiencia e incrementar o valor ofrecido ao paciente.