30-06-2023
Equipo de coautores de REDE galardoados co premio á mellor comunicación da Conferencia Internacional ACEDE-2023
A comunicación "
On causality between successful internationalization and profitability: the case for the moderating effect of earliness in new ventures", en coautoría pola doutoranda Telma Mendes, o seu director de tese o prof. Miguel González-Loureiro, e a prof. Carina Silva, antiga doutoranda do mesmo equipo, obtivo o maior galardón no Congreso Internacional ACEDE-2023.
O seu traballo, que estivo nomeado en 3 categorías de premios, aborda como o feito de ir moi cedo ao mercado internacional cambia a dirección da relación causal entre internacionalización e rendibilidade, sendo diferente para unha empresa que vai o primeiro ano respecto a outra que vai despois do segundo ano. Isto axudará aos directivos a centrar os seus esforzos de xestión na variable identificada como causa en cada caso, e obter un mellor desempeño nos 5 primeiros anos de internacionalización.