02-10-2023
O PROXECTO “MICRO AND MACROFOUNDATIONS OF ORGANIZATIONAL RESPONSES TO GRAND CHALLENGES” DO GRUPO REDE RECIBE UNHA DAS AXUDAS DE “PROXECTOS DE XERACIÓN DE COÑECEMENTO” DO MINISTERIO DE CIENCIA E INNOVACIÓN
O proxecto “MICRO AND
MACROFOUNDATIONS OF ORGANIZATIONAL RESPONSES TO GRAND CHALLENGES” presentado polos
investigadores Xosé H. Vázquez e Antonio Sartal, do grupo REDE, acaba de
recibir unha axuda do ministerio de CIENCIA e innovación na convocatoria de PROXECTOS
DE XERACIÓN DE COÑECEMENTO (2022).
O devandito proxecto conseguiu ademais
financiamento adicional para unha bolsa asociada á formación de persoal
investigador predoctoral.
O proxecto basase no
institucionalismo organizativo e combina elementos micro (individuos,
organizacións) e macro (industrias, institucións) para ofrecer un análise
integral dos antecedentes e moderadores das respostas organizativas aos grandes
retos, é dicir, cuestións ambientais e sociais complexas que as empresas deben
abordar máis aló dos obxectivos económicos a curto prazo. Aínda que a sabedoría
convencional suxire que as presións institucionais deberían levar ás empresas a
axustarse a estas expectativas para evitar sancións de lexitimidade, as probas
empíricas contradin esta noción, xa que a desviación normativa non sempre
conduce ao illamento da empresa.
Para máis información, consultar a documentación que se atopa a continuación:
Documentación Asociada
PROJECT OVERVIEW_PGC_2022_XHV_AS.pdf