17-07-2026
O noso compañeiro Antonio Sartal recibe o Premio ao Mellor Revisor no XXXV Congreso Internacional de ACEDE 2026
Antonio Sartal, da Universidade de Vigo, recibiu o premio ao Mellor Revisor do XXXV Congreso Internacional ACEDE 2026. Este recoñecemento pon en valor a figura dos revisores, que desempeñan unha labor cuxa importancia explica o propio Sartal, membro de ACEDEDOT – Dirección de Operacións e Tecnoloxía:
"Revisar o traballo dos compañeiros é unha forma de contribuír ao avance da ciencia dende a colaboración e o rigor. Unha boa revisión non só axuda a mellorar un artigo, senón que tamén enriquece ao propio revisor, porque obriga a reflexionar, aprender e manter unha mirada crítica e constructiva sobre a investigación".