Novas

21-09-2017

“Por unha Alianza no Sector Industrial Galego": conclúe a ronda de reunións cun gran éxito de participación

O Consello Económico e Social de Galicia (CES) celebrou onte a última das tres xornadas de reunións enmarcadas dentro da iniciativa "Por unha alianza no sector industrial galego". Presentadas pola Presidenta do CES, Corina Porro, e moderadas por Xose H. Vázquez, Catedrático da Universidade de Vigo, contaron coa participación de cerca de 100 actores da industria.

Durante as xornadas, os distintos grupos, formados por sindicatos, empresas, universidades e institucións, aportaron o seu coñecemento e experiencias en relación ás cinco áreas obxecto de estudo. Na primeira xornada os temas a debater foron a "Regulación das condicións marco" e os "Factores territoriais de competitividade", na segunda, a temática centrouse no “Capital humano” e a “Investigación e innovación”, e, por último, onte mércores, tratouse a “Investimento e atracción/retención de capitais”.


Ao largo destas reunións fóronse extraendo unha gran cantidade de reflexións e propostas, resultado da activa participación dos asistentes, que serán un input fundamental para a redacción do informe final, o cal será publicado tras someterse a validación por parte da comisión sectorial 3 do CES.