QUENES SOMOS

REDE é un equipo de investigación multidisciplinar da Universidade de Vigo que se constitúe en 2004 a partir de tres grupos que ata entón viñan actuando por separado: un grupo pertencente á área científica de Fundamentos da Análise Económica, outro de Economía Aplicada, e un terceiro de Organización de Empresas e Marketing. En 2006, foi o primeiro equipo do ámbito xurídico-social en gañar unha das axudas a Grupos de Referencia do Sistema de Investigación galego.

As nosas liñas de investigación prioritarias sitúanse no ámbito da innovación, a enerxía e o medio ambiente, publicando máis dun centenar de artigos nalgunhas das principais revistas de análise económica e estratexia empresarial: Cambridge Journal of Economics, Climate Policy, Computers and Operations Research, Economic Modelling, Economic Theory, Energy Journal, Energy Policy, Environmental Economics and Policy Studies, Harvard Business Review, IEEE Transactions on Engineering Management, Industrial and Corporate Change, Industrial Marketing Management, International Journal of Operations and Production Management, Journal of Environmental Policy and Planning, Long Range Planning, Management and Organization Review, Natural Resource Modelling, Organization Science, Organization Studies, Public Choice, Research Policy, Review of Economic Dinamics, Supply Chain Management International Journal, Technology Analysis and Strategic Management.

Estes traballos facilitaron a nosa colaboración en numerosos proxectos tanto coa administración pública española e galega (Ministerio de Industria, Ministerio de Medio Ambiente, Ministerio de Educación e Ciencia, Instituto de Estudos Fiscais, Consellería de Economía, Consellería de Industria, Consellería de Medio ambiente), como coa Comisión Europea (7º Programa Marco, H2020, Interreg, Life...) e diversas organizacións internacionais (OCDE, Banco Interamericano de Desenvolvemento). Así mesmo e no ámbito da transferencia de coñecemento, cooperamos con frecuencia con centros tecnolóxicos, empresas e asociacións de distintos sectores e tamaños (Alcoa, Altran, ANFACO-CECOPESCA, APM Management Tools, Atlantic, CTAG, CETMAR, Gas Natural, Grupo Calvo, Gradiant, Iberdrola, Inova Consult, Jealsa Rianxeira, Kaizen Institute, Pescanova, PSA Peugeot Citroën, Repsol, Syngenta).