Novas

26-09-2017

#RIES2017: Presentación dos primeiros resultados do proxecto Código Máis

O Cluster da Saúde de Galicia celebrou, en colaboración con ECHAlliance (Eurpoean Connected Health Alliance), a xornada #RIES2017 & #CodigoMais no Complexo Hospitalario de Ourense (CHUO).

En dita xornada, se presentaron retos e casos de éxito a distintos axentes da innovación biosanitaria Europea baixo o lema “Retos Internacionais do Ecosistema Saúde. Solucions Locais”. Tamén se presentaron os primeiros resultados do proxecto Código Máis, enmarcado dentro do Programa de Cooperación Transfronteriza Interreg V-A España-Portugal (POCTEP). O obxectivo do proxecto é a creación dun ecosistema de innovación no ámbito da saúde entre o norte de Portugal e Galicia. A parte galega está coordinada pola Axencia do Coñecemento en Saúde (ACIS) e participan a Universidad de Vigo (UVigo) xunto a Universidade de Santiago (USC), o Cluster de Saúde de Galicia (CGS) e o Cluster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (BIOGA). 

O proxecto Código Máis foi presentado por Luis León, Director da área de Investigación en ACIS, e os resultados foron expostos por Luis Soares, Director de Estratexia do Cluster da Saúde de Portugal (HCP) e Gisela García-Álvarez, Xerente do Cluster da Saúde de Galicia (CSG).