Novas

08-02-2018

Código Máis: Reunión do comité de seguimento do proxecto

O INL (INTERNATIONAL IBERIAN NANOTECHNOLOGY LABORATORY) de Braga acolleu a segunda reunión do Comité de Seguimento do proxecto Código Máis, enmarcado dentro do Programa de Cooperación Transfronteiriza Interreg V-A España-Portugal (POCTEP). O obxectivo do proxecto é a creación dun ecosistema de innovación no ámbito da saúde entre o norte de Portugal e Galicia.

Na xornada, expuxéronse os avances acadados ata o de agira nas actividades que compoñen o proxecto, fixándose ademáis os próximos obxectivos e entregables das mesmas. Código Máis está coordinado pola Axencia del Coñecemento en Saúde (ACIS) e nell participan a Universidade de Vigo (UVigo) xunto á Universidade de Santiago (USC), o Cluster de Saúde de Galicia (CGS), o Cluster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (BIOGA), a Facultade de Mediciña da Universidade de Porto (FMUP), o Health Cluster Portugal – Associação do Pólo de Competitividade da Saúde (HCP), o International Iberian Nanotechnology Laboratory (INL) e o Centro Clínico Académico Braga (2CA-Braga).