Novas

14-06-2018

REDE, CETMAR e MeteoGalicia reúnense coa Autoridade Portuaria da Coruña para explicar os traballos do proxecto MarRISK en relación ao Porto Exterior de Punta Langosteira

Un equipo de técnicos de grupo REDE, da Fundación CETMAR e de MeteoGalicia reunironse cos representantes de diferentes departamentos da Autoridade Portuaria da Coruña para explicar os traballos previstos no proxecto MarRISK (INTERREG-POCTEP) en relación ao porto exterior de Punta Langosteira.

Grupo REDE presentou os avances na súa tarefa destinada a desenvolver unha ferramenta de análise da resiliencia portuaria fronte ao cambio climático. CETMAR presentou a metodoloxía que facilitará o diálogo para desenvolver e canalizar os resultados relacionados co porto exterior cara a Autoridade e aos operadores portuarios. Pola súa parte, os representantes de MeteoGalicia, coordinadores do proxecto, presentaron os primeiros avances no desenvolvemento dos modelos de prediccións específicas sobre a afectación do cambio climático nesta área. Nesta tarefa, MeteoGalicia colabora estreitamente co grupo Ephyslab (Universidade de Vigo). Na reunión estivo tamén presente un representante do Grupo GEAMA, da Universidade da Coruña, que asesora asiduamente á Autoridade Portuaria e ten tamén prevista a colaboración cos grupos en MarRisk. 

Tralo encontro, os técnicos se desprazaron a visitar as instalacións in situ, guiados polo representante da Universidade da Coruña.