Novas

08-01-2019

Educación concede máis de 14 millóns de euros en axudas a 69 grupos de investigación de referencia competitiva e de potencial crecemento nas universidades do SUG. REDE renova o seu recoñecemento como GRC.

REDE volve ser recoñecido pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia como grupo de Referencia Competitiva (GRC) do Sistema de Investigación Galego, distinción que leva mantendo desde 2006.

Desta forma, REDE contará con financiamento estrutural estable dentro do Programa de consolidación da investigación nas universidades durante o trienio 2019-2021. Esta axuda contribuirá á consolidación, estructuración e especialización de REDE para que a súa actividade en I+D+i continúe a ser unha referencia no Sistema Universitario Galego.

+Info: https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/36586/educacion-concede-mais-14-millons-euros-axudas-69...