Novas

27-05-2019

O Grupo REDE participa nos “Community Days” da EFFRA en Bruxelas

Pol Fontanet, en representación de REDE, participou nos "Community Days" organizados pola European Factories of the Future Research Association (EFFRA) os días 22 e 23 de maio en Bruselas. O evento contou coa participación de máis de 200 representantes de universidades, centros tecnolóxicos e empresas. O obxectivo do encontro era dobre, por unha banda, a presentación dos novos topics do programa H2020 no ámbito de Factories of the Future. Doutra banda, presentáronse os resultados dos proxectos financiados en convocatorias anteriores. A participación no evento permite coñecer de preto o traballo que se está levando a cabo no sector da industria 4.0 e as fábricas do futuro, así como tamén supón unha oportunidade para promover colaboracións para novas iniciativas e ideas de proxecto.