Novas

29-07-2019

Grupo REDE inicia os proxectos piloto de Mellora Continua en procesos asistenciais en hospitais da eurorrexión

No eido do proxecto CÓDIGO MÁIS, pertencente ao Programa de Cooperación Transfronteiriza INTERREG VA España-Portugal (POCTEP) 2014-2020, grupo REDE iniciou as accións dirixidas a impulsar a mellora da calidade e eficiencia na prestación de servizos sanitarios. Para elo, levouse a cabo un taller de mellora, desenvolvido en tres sesións durante os días 22, 24 e 29 de Xullo. Nel participou un grupo de 12 profesionais do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo composto por persoal médico, de enfermería e celadores/as do servizo de Urxencias, así coma membros do departamento de calidade da EOXI Vigo.   

Trala realización dunha formación on-line previa, ao longo destas tres xornadas o grupo de traballo consolidou os conceptos fundamentais da filosofía Lean para a innovación en procesos sobre a base da Mellora Continua. Durante as sesións se levaron a cabo traballos de campo para a optimización de procesos reducindo a fragmentación mediante a innovación organizativa. A actividade completarase realizando, antes de final de ano, un proxecto piloto que nos permita executar os cambios organizativos necesarios para mellorar a súa eficiencia e incrementar o valor ofrecido ao paciente.