Novas

14-10-2019

O grupo REDE participa no “INTERNATIONAL BROKERAGE EVENT: HORIZON 2020 FOR CIRCULAR ECONOMY AND TRANSFORMING INDUSTRY” en Varsovia

Pol Fontanet, en representación de REDE, participou o pasado 9 de outubro na xornada Horizon 2020 for Circular Economy and Transforming Industry organizada polos proxectos NCPs CaRE e NMP TeAm co apoio de BIO HORIZON, C-ENERGY, Net4Society e Enterprise Europe Network - Sector Group Environment. O evento contou coa participación de máis de 150 representantes de universidades, centros tecnolóxicos, administracións públicas e empresas de Europa e países asociados. O obxectivo do encontro era dobre, por un lado, dar a coñecer as novas tendencias en materia de Economía Circular a nivel das políticas públicas da Unión Europea. Por outro lado, proporcionar unha oportunidade para intercambiar ideas de proxecto e promover oportunidades de colaboración para as convocatorias relacionadas coa Economía Circular do programa H2020.